Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Racing non dá abandonado a onda negativa

O Racing non dá abandonado a onda negativa

Dominou o partido ante o Mérida pero non pasou do empate (1-1)

Joselu igualou cun penalti forzado por Carlos Vicente

G24.gal 27/11/2022 19:06

O Racing non abandona a onda negativa. Empatou ante o Mérida (1-1) nun partido en que volveron aparecer as pantasmas das últimas xornadas. Malia ser o dominador do encontro ao longo dos 90 minutos, concedeu oportunidades e a piques estivo de perder o partido. 

O cadro estremeño fixo un gran traballo defensivo no primeiro tempo impedindo os achegamentos dos xogadores máis determinantes do Racing. Nun erro de Brais Mártinez, o Mérida recuperou preto da área de Gazzaniga e Carlos Cinto marcou o primeiro gol no minuto 21. 

Conforme pasaban os minutos, o dominio racinguista ía medrando. Houbo varias peticións de penalti pero foi no menos claro de todos, unha caída de Carlos Vicente, en que conseguiu Joselu empatar o partido. Os de Cristóbal apertaron ata o 97 que durou o encontro e Del Pozo tivo a ocasión de marcar o segundo no 95, pero non chegou o ansiado gol que rompese a xeira. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade