Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing apunta ao terceiro posto logo do empate contra o Athlétic B

O Rácing apunta ao terceiro posto logo do empate contra o Athlétic B

Queda a cinco puntos do Deportivo e con seis de marxe sobre o Celta B

G24.gal 15/05/2022 18:50

O Rácing de Ferrol garantiu a súa presenza no play off, e ao 95% farao no terceiro posto. Co empate ante o Athlétic B ten case imposible chegar á altura do Deportivo (sácalle cinco puntos) e só unha desfeita en Barreiro a vindeira xornada os relegaría á cuarta posición (tería que perder por máis de cinco goles de diferenza). 

O partido contra o filial bilbaíno torceuse ao principio co gol de Malcom. Cristóbal fixo rotacións e meteu xogadores pouco habituais, como Diego Rivas ou Luís Chacón, tentando refrescar os xogadores máis cargados de minutos de cara á fase de ascenso. 

Na segunda metade un remate de cabeza de David Castro puxo o empate definitivo (1–1), un resultado que se pode considerar xusto logo do visto no céspede da Malata. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade