O Racing agarda pletórico o partido do Córdoba
O Deportivo recuperou a senda da vitoria na estrea de Óscar Cano
Empate insuficiente para o Pontevedra e o Celta B, que non se afastan do descenso
Botarlle unha ollada á Primeira Federación é dar, semana tras semana, co mesmo nome no máis alto. A temporada do Racing está a ser espectacular. Líderes invictos, sacaron unha nova vitoria en Ceuta con dous ferroláns marcando: Héber e Álex López.
Pois o vindeiro rival é o Córdoba, segundo clasificado. Na quinta praza aparece o novo Deportivo de Óscar Cano, que superou en Riazor ao terceiro clasificado, o Linares.
Houbo bo ambiente tamén en Pontevedra no derbi galego da xornada. O Celta púxose por diante pero o Pontevedra soubo aproveitar un grave erro defensivo do filial celeste para facer o empate. O punto deixa o Celta B na décimo quinta praza, un punto por enriba do descenso, que ocupa o Pontevedra.