Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSOE expulsa o portavoz do grupo municipal en Santiago, Gonzalo Muíños, por "indisciplina reiterada"

O PSOE expulsa o portavoz do grupo municipal en Santiago, Gonzalo Muíños, por "indisciplina reiterada"

O concelleiro Gumersindo Guinarte será o seu relevo como portavoz

O conflito entre a dirección local e o grupo municipal estalou cando os concelleiros socialistas desobedeceron a orde da executiva e votaron a favor da ordenanza sobre a regulación de vivendas turísticas

Imaxe de arquivo de Gonzalo Muíños (e) e Sindo Guinarte (d). PSOE Santiago Imaxe de arquivo de Gonzalo Muíños (e) e Sindo Guinarte (d). PSOE Santiago
G24.gal 17/01/2025 12:54 Última actualización 17/01/2025 20:00

O portavoz do Grupo Municipal Socialista no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, foi expulsado do Partido Socialista, tal e como sinala a resolución do expediente disciplinario aberto pola formación. O concelleiro Gumersindo Guinarte será o novo portavoz.

Segundo confirmaron fontes consultadas por Europa Press, no expediente de expulsión atribúeselle unha "indisciplina reiterada" e suspéndeo de militancia e cargo público durante 18 meses por dez incumprimentos da normativa do partido que supoñen a comisión de infraccións graves ou moi graves.

Todo iso por mor do conflito na agrupación local do PSOE que estalou no pleno que o Concello celebrou o pasado 24 de xuño, no que todos os edís desafiaron a directriz marcada pola dirección local, capitaneada por Aitor Bouza, e votaron a favor dunha ordenanza sobre a regulación das vivendas de uso turístico (VUT).

No marco do conflito no seo da agrupación local e na mesma xornada en que se celebraba o pleno, a dirección local aprobou a substitución de dous dos asesores do grupo, unha orde que o portavoz municipal non asinou e pola que os dous afectados continuaron traballando para os concelleiros.

Segundo fontes socialistas, o nombramento de Gumersindo Guinarte como portavoz foi adoptado pola executiva local da formación, capitaneada por Aitor Bouza.

A dirección local explica que toma esta decisión "no marco das competencias que ten atribuídas polo Regulamento Federal dos Estatutos Federais do PSOE, especificamente no artigo 234.4, no que se establece que a comisión Executiva Municipal nomeará ao/a portavoz do Grupo Municipal".

Esta decisión, apuntan desde a executiva local, será comunicada durante a xornada do venres aos membros do Grupo Municipal Socialista para que "procedan á formalización do citado nomeamento perante as instancias competentes do Concello de Santiago tras os trámites preceptivos que correspondan".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade