Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSdeG pide un pacto de Estado para regular a implantación das renovables

O PSdeG pide un pacto de Estado para regular a implantación das renovables

Formoso di que Galicia non pode perder a oportunidade, pero garantindo os dereitos dos propietarios e medioambientais

G24.gal 24/02/2022 16:36

Os socialistas piden un pacto de estado para regular a implantación das enerxías renovables. O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentin González Formoso, di que Galicia non pode perder esta oportunidade, pero garantindo os dereitos de propietarios e medioambientais. Foi tras un encontro sobre o sector eólico con representantes dos principais sindicatos, ao que tamén asistiu a ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera.

 "Debe promoverse un acordo sobre a enerxía eólica onde se preserven os dereitos dos propietarios, do medio ambiente, a vida no sector primario, pero non deixemos pasar a oportunidade que pode reter talento en Galicia, que pode supoñer volver a fabricar compoñentes en Galicia, que pode baixar os prezos ás familias e ás empresas", dixo Valentín González Formoso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade