Publicador de contidos

Publicador de contidos

O prezo do cacao, polas nubes

O prezo do cacao, polas nubes

O cacao subiu un 135 por cento no último ano, porque a colleita foi escasa

De momento a suba non se nota tanto nas tendas, pero os fabricantes xa van avisando

G24.gal 16/04/2024 14:16

O prezo do cacao está polas nubes e semella que aínda non tocou teito. Comenta un empresario que hai seis meses o mercaban a 4 euros e hoxe está arredor de 16 ou 20 euros.

As malas colleitas explican este encarecemento e calculan que a produción caeu en torno a un 30 por cento.

A máis afectada está a ser a grande industria, a que está detrás das tabletas que se expoñen nos estantes dos supermercados. Por iso os artesáns xa avisan de que os chocolates excesivamente baratos deberían facernos sospeitar sobre a súa calidade. 

A pesar dese incremento do prezo en orixe, os aumentos que están chegando por agora ao consumidor final están a ser bastante moderados, porque aínda está a comercializarse o stock de cacao de campañas anteriores, cando a produción foi maior. Avisan de que o peor aínda está por vir. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade