Publicador de contidos

O prezo da luz cae este domingo ata os 79 euros/MWH, o seu mínimo en tres meses

O prezo da luz cae este domingo ata os 79 euros/MWH, o seu mínimo en tres meses

O prezo da luz este domingo é o máis barato desde o 1 de agosto

En outubro superouse a barreira dos 200 euros ata en 21 xornadas, o mes máis caro da historia

G24.gal 31/10/2021 14:01

O prezo da electricidade no mercado almacenista dá un certo respiro nas últimas 48 horas e este domingo caía ata unha media de 79 euros o megawatt hora, 45,43 euros menos que o sábado, o que resulta o prezo máis baixo en case tres meses.

O prezo nesta xornada baixa algo máis do 36 % e sitúase como o máis barato desde o 1 de agosto, antes da escalada sen control.

Malia esta rebaixa importante, o prezo almacenista da electricidade este domingo multiplica por cinco o do último domingo de outubro de 2020, que foi de 14,78 euros MWh.

En outubro superouse a barreira dos 200 euros ata en 21 xornadas, o que sitúa a media do mes en 200,06 euros, o máis caro da historia, e supera a marca de setembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade