Publicador de contidos

Publicador de contidos

O presidente do Obradoiro está moi ilusionado co novo proxecto

O presidente do Obradoiro está moi ilusionado co novo proxecto

Moncho Fernández: "O club fixo un esforzo moi grande para facer este equipo, desexo estar á altura"

G24.gal 13/09/2022 15:56 Última actualización 13/09/2022 16:04

O presidente do Monbus Obradoiro, Raúl López, asegurou este martes estar “moi ilusionado” co equipo que configuraron para a liga Endesa 2022-23, aínda que advertiu do risco de poñer “os carros antes que os bois” porque o resto de clubs tamén se reforzaron moito.

“Aínda que pareza que fixeches un esforzo moi grande para reforzar o persoal, logo hai que ter en conta que o resto dos equipos tamén o fan. Estou moi ilusionado, agora hai que demostralo na pista porque esta é unha liga moi fodida”, comentou o dirixente aos xornalistas tras dar a benvida ás novas fichaxes.

O máximo accionista do club pediulle aos xogadores que sentan “orgullosos” de formar parte do Obradoiro, e non escondeu o “gran esforzo” económico que tiveron que facer para fichar a xogadores contrastados como o internacional francés Leo Westermann ou o croata Dragan Bender.

“Agora necesitamos ampliar a masa social porque necesitamos máis ingresos”, apuntou López, quen confía na “resposta” dos afeccionados e insistiu na necesidade de implicar ás institucións públicas porque non se pode loitar contra cousas imposibles”.

Pola súa banda, Moncho Fernández valorou a pretemporada do equipo: 

"Estamos nun bo momento. Quedan dúas semanas e a estas alturas estou ledo".

"O club fixo un esforzo moi grande para facer este equipo, desexo estar á altura".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar