Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		O presidente do Cádiz quere "renovar un ano máis" a Lucas Pérez
Manuel Vizcaíno asegura que o Deportivo "non se puxo en contacto co Cádiz en ningún momento"
                            G24.gal
                        
                            22/12/2022 21:31
                        
                        
                        
                        
                    
                    Novo capítulo do caso Lucas Pérez. O presidente do Cádiz, Manuel Vizcaíno, afirmou que agarda a renovación do dianteiro por un ano máis co club gaditano. O equipo andaluz conta con Lucas Pérez para o vindeiro encontro de Liga a semana que vén, e que entrará na convocatoria. Di Vizcaíno que ninguén do Deportivo falou con el.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
         
            
        