Publicador de contidos

Publicador de contidos

O precio do polo encareceu un 12 % na última semana

O precio do polo encareceu un 12 % na última semana

Acada os 3,20 euros o quilo nos supermercados

Galicia produce cada anos máis de 225 millóns de quilos de carne de ave

G24.gal 16/05/2022 14:30

O polo é a carne máis consumida en España, por ser das máis baratas, pero agora, cun incremento de prezo do 12 %, chega aos 3 euros con 20 céntimos o quilo en moitos supermercados.

A responsable dun negocio da Coruña explica que dende que abriron, hai 12 anos, é a primeira vez que soben os prezos. Gemma Miranda lembra que "entre o transporte, gasolina e todo vemos comprobamos unha diferenza de 40 ou 50 céntimos nos últimos meses".

Cada galego consome unha media duns 13 quilos de polo ao ano, algo menos que no resto de España, pero en ascenso nos últimos tempos polo seu prezo. O seu encarecemento repercute directamente nos gastos en alimentación dos fogares, como sucede xa con outros produtos básicos.

Os produtores denuncian que esa suba non se está a trasladar aos gandeiros, mentres que os custos para crialos aumentaron case un 50 %. Galicia produce cada anos máis de 225 millóns de quilos de carne de ave.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos