Cargando resultados...
O PP pídelle ao Goberno que paralice a eliminación de liñas de bus en Galicia
O PP pídelle ao Goberno que paralice a eliminación de liñas de bus en Galicia
O novo mapa de concesiós de transporte suprime, segundo os populares, 22 servizos dos que a metade están na provincia de Lugo
G24.gal
05/12/2024 15:07
O Partido Popular reclámalle ao Goberno que rectifique o mapa de concesións que suprime 22 liñas de autobuses en Galicia, a metade delas na provincia de Lugo.
O Senado aprobou unha moción do PP na que insta o Ministerio de Transportes a manter os servizos que se viñan prestando.
"Nesta provincia sácannos os servizos de autobús, non temos AVE, temos as as autovías como están", asegura o senador do PP, José Manuel Barreiro.