Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Portonovo Gastronómico intenta consolidarse como substituto da Festa da Raia

O Portonovo Gastronómico intenta consolidarse como substituto da Festa da Raia

As racións e tapas de raia seguen sendo protagonistas nunha celebración histórica renovada dende hai xa dous anos

G24.gal 27/04/2024 20:21 Última actualización 27/04/2024 20:52

O Portonovo Gastronómico celébrase ata mañá co protagonismo da raia cociñada de moitas formas. A antiga festa deste peixe historicamente capturado na vila reconverteuse hai dous anos na festa que vemos hoxe. Obradoiros, pasarrúas e os bares de Portonovo implicados na celebración sumando nas súas cartas, obrigatoriamente racións e tapas de raia.

"Isto era antes unha festa só da raia, que tiña unha tradición porque en Portonovo os mariñeiros pescaban moita raia e tiñan a tradición de preparala en caldeirada. Era unha festa coa que a xente se sentía identificada. Perdeu un pouco de folgo durante uns anos e agora buscouse darlle outro impulso levándoa á rúa, con pasarrúas, batucadas, e convertela no Portonovo Gastronómico para que entraran en xogo outros ingredientes e elementos que chamaran máis a atención", explica a TVG Noemí Pensado, a dona do Risonsiño de Portonovo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos