Cargando resultados...
O Porriño, Vigo, Poio e Noia tamén levaron un belisco do Gordo
Catro administracións venderon un décimo do primeiro premio, 400.000 euros en cada localidade
G24.gal
22/12/2022 16:39
A ledicia do Gordo tamén chegou a outros puntos de Galicia, amais da Fonsagrada e da Coruña, onde tamén se venderon décimos do primeiro premio.
Repartido entre Vigo, O Porriño, Poio e Noia, deixou un millón seiscentos mil euros. Tan só un décimo en cada unha das administracións, polo tanto 400.000 euros en cada lugar, pero o cava e a ledicia espalláronse como se fosen millóns. En dúas destas administracións xa teñen experiencia en repartir o Gordo de Nadal.