Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Porriño aséntase no cuarto posto grazas a unha remonta épica

O Porriño aséntase no cuarto posto grazas a unha remonta épica

Perdía por 17-20 a nove minutos do final e acabou dándolle a volta ao partido cun parcial de 5-0

G24.gal 22/03/2023 22:11

O Conservas Orbe Rubensa Porriño deu un paso de xigante para asegurar a cuarta posición e vantaxe nos cuartos de final na loita polo título grazas á vitoria 22-20 sobre o Elx. O partido tinguiuse de épica pola remonta final do cadro galego, que a nove minutos do final tiña o partido perdido. 

A primeira parte foi moi igualada e con constantes alternativas. Ningún dos dous equipos conseguiu ter máis dun gol de diferenza agás no último segundo, en que as visitantes se puxeron cun +2 (11-13). 

Volvía a igualdade ao marcador (14-14), pero o Elx comezou a marcar diferenzas ata ter unha máxima vantaxe de tres goles (17-20). Quedaban menos de dez minutos pero, o Porriño soubo xogar o treito decisivo moito mellor. O gran partido de Malena Valles (oito goles, seis na segunda parte) permitiu primeiro igualar e logo acadar o triunfo por 22-20 diante do rival directo pola cuarta praza. 

O Porriño sácalle ao Elx dous puntos e o average, co que moi mal terían que darse as cousas nas tres últimas xornadas para perder esa cuarta praza. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos