O Pontevedra deixa fuxir o triunfo no treito final en Salamanca (1-1)
Os granates foron por diante practicamente todo o partido grazas a un gol de Tiago Rodríguez
O tanto do empate chegou nunha acción illada no 88 que sorprendeu a Marqueta
O Pontevedra tivo na man o triunfo en Salamanca, nun partido en que se adiantou axiña, e mantivo a renda sen excesivos atrancos ata o treito final. Foi entón cando un erro de cálculo de Marqueta permitiulle empatar a Jota López. Un empate que xa non se movería.
Unionistas cargou co peso do xogo nos primeiros minutos, pero o Pontevedra defendía con comodidade sen permitir os achegamentos locais. E, aos 12 minutos, Tiago Rodríguez aproveitaba a primeira acción dos galegos para adiantalos cun disparo raso.
Con vantaxe, os de Rubén Domínguez aínda estiveron máis cómodos sobre o campo. Unionistas buscaba as súas, pero as máis claras seguiron tendo cor granate. Outro remate de Tiago, ou unha acción na área que culminaba Brais Abelenda foron as máis claras.
Na segunda metade mantívose a tónica. Os charros pediron ata dúas revisións por senllos penaltis que o colexiado non concedeu. E o Pontevedra non renunciaba a ampliar a renda, especialmente a balón parado.
No minuto 88 chegou a acción desafortunada do partido, que lle costou o triunfo aos galegos. Un centro desde a esqueda de Jota fixo dudar a Marqueta, e acabou batendo no poste e converténdose no empate a uns final. Malia ao empate, o Pontevedra segue na parte alta da táboa con 16 puntos.