Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		O Poio Pescamar gaña a súa cuarta Copa Galicia de fútbol sala
Impúxose no Derbi da Ría ao Marín Fustal cun gol na prórroga (2-1)
                            G24.gal
                        
                            28/03/2024 15:37
                        
                        
                        
                        
                    
                    Na final da Copa Galicia de fútbol sala feminino Poio Pescamar logrou o cuarto título da súa historia. Foi nunha final moi disputada e onde Ence Marin Futsal pelexou ata o final.
Irene Garcia adiantou as de Poio mediado o primeiro tempo. Pero na segunda metade, Marin logrou a igualada nesta contra que culmina Debora Lavrador. Houbo prórroga, e nese tempo extra chegou o gol do triunfo para Poio grazas a un gol de Rocío Gómez.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
                 
            
         
            
        