Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Pladiga reforza a tecnoloxía contra o lume incorporando máis cámaras e drons nos montes

O Pladiga reforza a tecnoloxía contra o lume incorporando máis cámaras e drons nos montes

Unha rede de 148 cámaras emite imaxes en directo dos montes galegos

Os drons e as cámaras disuaden incendiarios e axilizan a resposta ante os incendios

 

 

G24.gal 07/06/2022 15:10 Última actualización 07/06/2022 15:57

Coma nun control de televisión, desde o centro de coordinación de incendios temos planos en directo das 148 cámaras que vixían os montes.

"Podemos ver os incendios en tempo real, escoitalos pola rede de radio dixital e ver os recursos posicionados no territorio porque envían localización cada 30 segundos", di Gustavo Álvarez, o coordinador de sistemas informáticos.

As cámaras son os seus ollos no territorio, para disuadir incendiarios, investigar incendios e, sobre todo, axudar a apagalos.

"Antes isto era impensable, tiñan que chegar os equipos de terra ata os incendios. Agora o 90 % deles podemos velos nas pantallas do centro de coordinación e nos distritos forestais. Isto nos permite axilizar exponencialmente a nosa resposta aos lumes, mandar medios adecuados ao terreo e as condicións", explica o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez Vázquez.

Onde elas non chegan, aparecen os drons. Ofrecen aos axentes a vista de paxaro dunha ampla extensión de terreo, cunha cámara óptica e outra térmica. Unha tecnoloxía especialmente útil cando os incendios se producen pola noite e non poden voar os medios de extinción.

"Podemos ver cousas que o ollo humano non ve. De noite é importante saber onde están os puntos quentes do lume, asegurar perímetros e ver que non haxa frontes de escape, coa cámara térmica do dron vemos en diferentes tonalidades cales son eses puntos quentes", matiza Gustavo.

Máis aló da tecnoloxía e dos 7.000 profesionais do operativo antiincendios, aquí piden a colaboración de todos para denunciar movementos sospeitosos e ter a máxima precaución nas actividades que realicemos cerca de masas forestais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade