Publicador de contidos
Publicador de contidos

O pequeno comercio de Santiago desafía o mal tempo sacando a mercadoría á rúa

O pequeno comercio de Santiago desafía o mal tempo sacando a mercadoría á rúa

Tendas de moda e complementos do Ensanche tentan impulsar a campaña de primavera cunha xornada de música, agasallos e promocións 

G24.gal 23/05/2024 15:34

A mal tempo boa cara e moito empeño. Así é como decidiron afrontar os comerciantes da zona do ensanche de Santiago a campaña desta primavera que non acaba de arrincar porque o tempo non anima. 

Para cambiar a tendencia, malia todo, os comerciantes decidiron "facer un día con sabor a verán", poñendo cor na rúa e animando a clientela a parar dentro e por fóra das tendas.

Amais da decoración, os agasallos e a música, o gran reclamo serán coma sempre os prezos, con rebaixas promocionais de moitos produtos. 

Con todo o esforzo que están facendo os arredor de 70 establecementos que participan na campaña agardan que acabe sendo unha xornada ben solleira.

Amais de sacar o produto a rúa, animan cada esquina coa música de dj,s Amais de sacar o produto a rúa, animan cada esquina coa música de dj,s
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos