Publicador de contidos

Publicador de contidos

O peixe de acuicultura é a alternativa para seguir consumindo peixe

O peixe de acuicultura é a alternativa para seguir consumindo peixe

Os consumidores decántanse cada vez máis por este produto que é máis económico

Outra das súas vantaxas son as propiedades nutricionais

G24.gal 21/11/2022 14:29

Robaliza, dourada, rodaballo, linguado ou mexillón son algunhas das especies procedentes da acuicultura con máis demanda nas peixerías. As vantaxes son ben coñecidas polos consumidores; a primeira: os prezos.

Ademais de económico, tamén destaca polas súas propiedades nutricionais.

Nesta situación inflacionista, o peixe de acuicultura garante prezos máis estables e accesibles. 

É a alternativa para seguir consumindo peixe. Galicia encabeza a produción de peixe de acuicultura en España con máis do oitenta por cento. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade