Publicador de contidos

Publicador de contidos

O peixe conxelado galego factura máis do 40 % do total de España

O peixe conxelado galego factura máis do 40 % do total de España

O sector teme non poder garantir o mercado se non se toman medidadas contra as importacións de terceiros países

G24.gal 01/04/2022 14:28

Cada unha das pezas de peixe conxelado que chega ao consumidor faino cunha máxima:
"Os procesos de fabricación modernízanse, pero o traballo artesanal mantense para conservar a máxima calidade", comenta a adxunta á dirección de Salgado Frozen Seafood.

Esa marca de calidade galega é na que xa confían milleiros de consumidores en todo o mundo. Esta empresa asentada na Coruña é só un exemplo. Dende aquí que exportan a máis de 25 países,  e ata contan cunha delegación nos Estados Unidos.

Din que teñen venda dabondo como para seguir medrando, pero que é difícil atopar man de obra cualificada, xente moi especializada.

Outra das preocupacións do sector é a dependencia cada vez maior das importacións de terceiros países. Xa roza o 70 % do peixe conxelado, e teñen medo de non poder abastecer o mercado.

"Bruxelas ten que decidir se quere que dependamos exclusivamente das importacións dependentes de terceiros países, ou se, pola contra, pensa que é un sector estratéxico que necesita un apoio á frota comunitaria", comenta o presidente de ARVI.

Un sector que só en Galicia supón máis do 45 por cento da facturación total desta industria en España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos