Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Parrulo clasifícase para a final polo ascenso á LNFS pola porta grande

O Parrulo clasifícase para a final polo ascenso á LNFS pola porta grande

Gañoulle por 6-0 a El Ejido no terceiro e definitivo partido da serie semifinal

G24.gal 03/06/2025 21:52

O Parrulo xogará a final polo ascenso á Liga Nacional de Fútbol Sala despois de desfacerse do El Ejido nunha serie que chegou ao terceiro e definitivo partido. A igualdade que houbo nos outros dous converteuse en superioridade total neste último encontro porque o equipo ferrolán non deixou lugar a ningunha dúbida cun resultado contundente (6-0). 

Podería ter sido moi diferente si El Ejido chega a marcar o penalti do que gozou no primeiro tempo con empate a cero. En tres minutos -entre o 14 e o 17- Diogo, Gonzalo e Orzaez marcaron para os galegos e deixaron moi encamiñado o pase. 

Gonzalo e Diogo repetiron en menos dun minuto no segundo tempo e a eliminatoria quedou decidida. Por riba o visitante Beto tivo que deixar o partido por un cartón vermello. A dez minutos do final Turbi poñía o 6-0 para redondear unha sensacional goleada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade