Publicador de contidos
Publicador de contidos

O fútbol sala galego queda sen representantes na Copa

O fútbol sala galego queda sen representantes na Copa

O Parrulo, da Segunda División, perdeu co poderoso Cartaxena por 1-5

O Noia tiña a eliminatoria na man pero acabou perdendo por 2-3 ante o Zaragoza

G24.gal 07/01/2025 20:45 Última actualización 07/01/2025 22:32

Rematou a aventura copeira do Parrulo Ferrol nos oitavos de final. O Jimbee Cartaxena, último campión da LNFS, impúxose por 1-5 no Pavillón da Malata malia que os galegos conseguiron adiantarse no marcador. 

Un disparo de Gonzalo aos nove minutos poñía a sorpresa no marcador. O Parrulo, da Segunda División, adiantouse, pero ese gol non fixo máis que espertar o Cartaxena, que antes do descanso anotou catro goles. Empatou Motta nunha falta, e dous erros graves no inicio de xogo desde a portería ferrolá foron aproveitados por Pablo Ramírez e Cortés para subir o 1-3. O propio Motta deixaba a eliminatoria sentenciada antes do descanso. Xa nos intres finais Tomaz marcou o definitivo 1-5 co Parrulo arriscando con porteiro-xogador. 

O Noia perde no treito final contra o Zaragoza (2-3)

O Noia Portus Apostoli tiña o pase aos cuartos de final na man. Adiantouse cun gol de Montero (min 2), empatou o Zaragoza mediado o segundo tempo, pero Pirata poñía por diante os do Barbanza a menos de cinco minutos para o remate. O Zaragoza reaccionou, e con goles de Nando Torres (min 37) e Carlos García (min 39) deulle a volta a un partido que tiña perdido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos