Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sorpresa no fútbol sala, Bruno García toma os mandos do Parrulo

Sorpresa no fútbol sala, Bruno García toma os mandos do Parrulo

Marcha Xulio Martínez logo de 48 anos ao fronte

Bruno seguirá o modelo de Unai Emery, será inversor e manexará desde a distancia

O seu irmán David tomará os mandos na xestión diaria

O cambio será efectivo este 30 de xuño

Bruno, á esquerda, e Xulio, á dereita da imaxe
G24.gal 02/05/2026 20:03 Última actualización 02/05/2026 20:23

Bombazo no fútbol sala galego! Na previa do derbi entre o Parrulo e o Noia, nos minutos anteriores á festa do fútbol sala galego, a directiva do Parrulo convocou unha rolda de prensa na que o presidente Xulio Martínez anunciou a súa marcha. Con el, ao seu carón, estaba Bruno García, o adestrador ferrolán da selección de Kuwait. 

Xulio anunciou que marchaba despois de 48 anos e que o facía convencido e tranquilo por deixar o Parrulo en boas mans, as de Bruno García. Pola súa parte, Bruno asegurou que tomou a decisión logo da chamada do propio Xulio e que fai co propósito de facer do Parrulo unha empresa máis profesional, estable e sostible. O seu modelo será o modelo de Unai Emery, o actual adestrador do Aston Villa. Emery investiu no Real Irún e situou ao seu irman á fronte. Bruno fará o mesmo co seu irmán David. El levará o día a día e Bruno asesorará desde a distancia.

O cambio no Parrulo producirase o vindeiro 30 de xuño. E, por se tiñan dúbidas, Bruno García asegurou que ten o compromiso por escrito de manterlle o nome ao equipo. Seguiremos tendo 'parrulos'.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade