Publicador de contidos

Publicador de contidos

Substitúen os aeroxeradores do parque eólico Monte Redondo, en Vimianzo, por outros máis eficientes

Substitúen os aeroxeradores do parque eólico Monte Redondo, en Vimianzo, por outros máis eficientes

Pasará de ter 66 aeroxeradores a 11, pero manterá a potencia instalada

Naturgy inviste 65 millóns de euros neste proceso

G24.gal 28/05/2025 14:52

Os traballos de desmantelamento neste parque eólico de Vimianzo comezaron a finais do mes de abril. Aquí, os 66 aeroxeradores actuais vanse substituír por 11 máis modernos, con máis potencia e menor impacto visual.

"A realidade é que aínda que mantemos a potencia, multiplicamos a produción. No mesmo emprazamento e coa mesma potencia xérase máis enerxía limpa porque os equipos son máis eficientes e fan mellor uso do vento", explica María Landeira, delegada de Desenvolvemento de proxectos renovables de Naturgy en Galicia.

A conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, visitou esta mañá Monte Redondo e subliñou que con este tipo de parques se reducen as emisións de CO2.

"Producindo máis e mellor evitamos as emisións de CO2 e isto supón que cos nove proxectos que temos enriba da mesa, Galicia deixa de emitir cen mil toneladas de CO2", asegura Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático. 

Amais de Monte Redondo, Naturgy desenvolve en Galicia outros dous proxectos de repotenciación. Nas Somozas, onde substituirá 81 aeroxeradores por 9, e no parque eólico Novo, nos concellos de Valdoviño, San Sadurniño e Narón, que pasará de 25 a 5 aeroxeradores.

Está previsto que as obras neste parque eólico de Vimianzo estean rematadas en xuño de 2026.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade