Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda cualifica de "magnífica noticia" que o TC levante a suspensión de artigos do sector eólico

Rueda cualifica de "magnífica noticia" que o TC levante a suspensión de artigos do sector eólico

Carlos Castro. Europa Press. Arquivo. Carlos Castro. Europa Press. Arquivo.
G24.gal 25/02/2026 15:21

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, cualificou de "magnífica noticia" que o Pleno do Tribunal Constitucional acordara levantar a suspensión provisional dos artigos suspendidos de forma cautelar da Lei de medidas fiscais e administrativas 5/2024 de Galicia -a denominada lei de acompañamento aos orzamentos- relativos ao sector eólico.

Nun acto en Vigo, o titular do Goberno autonómico incidiu na "potencia" que ten Galicia en enerxías renovables e que non pode "perder".

"Hai moitos obstáculos para superar e estamos niso. É unha magnífica noticia que podamos seguir co plan de repotenciación, renovando e substituíndo as torres por outras moito máis modernas", valorou o presidente da Xunta.

A suspensión debeuse á admisión a trámite do recurso de inconstitucionalidade, interposto pola vicepresidenta primeira do Goberno -en suplencia do presidente o 30 de setembro de 2025- contra algúns preceptos da Lei de Aproveitamento Eólico, Canon Eólico e o Fondo de Compensación Ambiental en Galicia.

Así, a decisión permitirá que se apliquen as normas recorridas ata que o órgano de garantías dite sentenza nos próximos meses. 

Esa mesma decisión do Constitucional supón recuperar o plan para cambiar os muíños vellos por outros máis eficientes, como sinalaba Manuel Pazo, presidente da Asociación Eólica de Galicia.

Esa mesma decisión do Constitucional ten efectos tamén sobre artigos relacionados coa discapacidade e a dependencia. Agora poderán ser de novo simultáneas en Galicia. O recurso do Goberno paralizara esa medida autonòmica en xaneiro, pero agora o Tribunal Constitucional decidiu que se pode seguir aplicando. A conselleira de Política Social, Fabiola García, lembra que a paralización afectou a milleiros de galegos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade