Cargando resultados...
O Papa asegura que bota de menos andar tranquilamente pola rúa
Maniféstallo nunha carta ao xornalista español que o pillou saíndo dunha tenda de discos

G24.gal
14/01/2022 20:41
O Papa Francisco asegura que bota de menos andar tranquilamente pola rúa como facía cando era arcebispo de Bos Aires.
Así llo asegura nunha carta ao xornalista español que o gravou saíndo dunha tenda de discos en Roma.
O Pontífice di que foi mala sorte que o pillara, pero agradeceulle ao xornalista que cumprira co seu traballo e apelou a non perder nunca o sentido do humor