Publicador de contidos
Publicador de contidos

O pan sobe de prezo polo incremento dos custos salariais e de produción

O pan sobe de prezo polo incremento dos custos salariais e de produción

Polo momento tan só subiron prezos algunhas panaderías, pero no sector agardan que moitos negocios máis o fagan nas vindeiras semanas

Algunhas panaderías subiron unha media de cinco céntimos por barra de pan
G24.gal 30/04/2024 14:13

O pan levaba bastante tempo sen subir de prezo, pero chegou o momento. Nun contexto xeral inflacionista subiron as materias primas, o gasto enerxético e, sobre todo, os custos salariais.

A suba na típica barra de pan non é excesiva. Algúns clientes reciben con resignación este encarecemento. Outros compréndeno perfectamente.

Polo momento tan só subiron prezos algunhas panaderías, pero no sector agardan que moitos negocios máis o fagan nas vindeiras semanas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos