Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta destinará 40 millóns a mellorar a cirulación nos accesos ao Grove e Sanxenxo

A Xunta destinará 40 millóns a mellorar a cirulación nos accesos ao Grove e Sanxenxo

O Goberno galego levará a autovía do Salnés ao Grove, ampliando a capacidade da actual vía rápida, a VG-4.1, e mellorando as conexións intermedias

G24.gal 17/09/2025 15:56

A Xunta vai investir 40 millóns de euros en ampliar a autovía do Salnés e mellorar a circulación entre os concellos de Sanxenxo e O Grove. O xefe do Goberno galego, Alfonso Rueda, presidiu este mércores no Grove a presentación do proxecto, que incluirá unha senda peonil e ciclista na zona da Lanzada e medidas para a recuperación das dunas que hai entre a praia e a estrada.

Cada verán repítense os atascos nos accesos aos areais do Salnés, que este agosto rexistrou arredor de 150 mil visitantes. Para solucionar os atascos, a Xunta pon en marcha un proxecto integral, que inclúe a conversión da autovía dun treito da vía rápida do Salnés, un terceiro carril na glorieta entre O Grove e Sanxenxo e o desdobramento da estrada da Lanzada.

Tamén farán unha senda para peóns e ciclistas no bordo da Lanzada e rexenerarán 40 hectáreas desta área que pertence á Rede Natura. Alfonso Rueda destaca que é un proxecto moi estudado pola necesidade de mellorar a circulación nun espazo natural protexido: "É unha obra moi demandada e necesaria que vai ter un grande impacto, que realzará esta zona e fará un pouco máis doada a vida dos veciños e visitantes".

Segundo explicaron os técnicos da Xunta, antes de que remate este ano comezarán a tramitación do PIA (Proxecto de Interese Autonómico), e no primeiro semestre de 2026 comezará a dos primeiros proxectos viarios. Prevén que as obras inicien no ano 2027.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade