Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta emite unha declaración ambiental favorable ao parque eólico de Inditex no porto exterior

A Xunta emite unha declaración ambiental favorable ao parque eólico de Inditex no porto exterior

O proxecto, situado en Punta Langosteira, contará con tres aeroxeradores e unha potencia total de 19,8 megawatts

Imaxe de arquivo da contorna de Punta Langosteira, en Arteixo (Europa Press-Arquivo) Imaxe de arquivo da contorna de Punta Langosteira, en Arteixo (Europa Press-Arquivo)
G24.gal 22/12/2025 16:49

A Xunta emitiu unha declaración de impacto ambiental favorable ao proxecto de parque eólico promovido por Inditex no porto exterior de Punta Langosteira, no concello de Arteixo.

A resolución condiciona a súa execución ao cumprimento do estudo de impacto ambiental, da documentación avaliada e dos condicionantes incluídos no programa de vixilancia ambiental.

O informe conclúe que a iniciativa é ambientalmente viable.

Un parque de 19,8 megawatts con infraestruturas asociadas

O proxecto, impulsado por Inditex Renovables, prevé a instalación dun parque eólico de 19,8 megawatts de potencia total no concello de Arteixo.

A instalación contará con tres aeroxeradores e coas infraestruturas asociadas, como accesos, plataformas de montaxe, gabias de cables, ampliación da subestación eléctrica transformadora e unha torre meteorolóxica.

A liña de evacuación da electricidade proxectada irá soterrada.

Participación pública e ausencia de impactos significativos

A declaración elaborouse no marco do procedemento ordinario de avaliación ambiental, que incluíu participación pública.

Durante a tramitación consultáronse doce organismos e presentáronse varias alegacións.

Todos os informes coinciden en que o proxecto non terá impactos significativos nos ámbitos analizados, sempre que se cumpran os condicionantes fixados en materias como protección da atmosfera, das augas, do solo, da fauna, da vexetación, da paisaxe e da xestión de residuos.

A declaración ambiental non exime o promotor de obter as autorizacións, licenzas e permisos que esixe a lexislación vixente.

Unha vez emitida, a Xunta remitiu a declaración ao órgano substantivo e deulle publicidade a través do DOG e da web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos