Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha administración da Coruña reparte 10 millóns de euros do terceiro premio

Unha administración da Coruña reparte 10 millóns de euros do terceiro premio

"Estamos contentos, levamos 20 anos con el", celebran desde a administración da rúa Alcalde Lens

Unha administración de Pontevedra reparte 2,7 millóns en décimos premiados

G24.gal 22/12/2025 12:20

Unha administracion de lotería da Coruña, situada na rúa Alcalde Lens, repartiu dez millóns de euros do terceiro premio, coa venda de 20 series e de 200 décimos."Estamos moi contentos", celebrou Beatriz desde a citada administración. Pola mañá os premiados, que na súa maioría son particulares, aínda non se achegaron ao establecemento. Ademais, incidiu en que o número gañador, 90.693, é habitual da administración. "Levamos 20 anos con el", precisou en relación á súa venda.

2,7 millóns en Pontevedra

A administración de lotería número 1 de Pontevedra repartiu este luns 2,7 millóns de euros polos 45 décimos que vendeu do 60.649, un dos quintos premios do sorteo extraordinario da Lotería de Nadal.

"Aquí repartiuse fai unha chea de anos, pero xa fai moito, xa nos tocaba, de verdade que si", subliñou en declaracións á prensa a titular deste despacho, Celia Portela.

Asegura que levaban case tres anos sen dar un premio importante, "estabamos como esquecidas", recoñece, polo que mostrou a súa alegría por repartir este case tres millóns.Todos os décimos vendéronse en portelo, sinalou Portela, e moitos deles foron repartidos entre os empregados da empresa Froitas Moncho.

A loteira confesa que "agora mesmo non temos, de verdade, conciencia de todos os premiados", aínda que intúe que boa parte dos décimos leváronllos "veciños".

Ademais destes 45 décimos en Pontevedra, outros dez boletos, unha serie enteira, vendeuse en Sanxenxo, concretamente na administración de lotería número 1. Desde ese despacho aseguran que, previsiblemente, foron comprados por turistas porque, segundo estiman, repartíronse todos durante os meses de verán. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade