Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Congreso apoia o plan do BNG para implantar o Cercanías galego e terminar o Corredor Atlántico

O Congreso apoia o plan do BNG para implantar o Cercanías galego e terminar o Corredor Atlántico

O texto insta o Goberno a finalizar o estudo para a implantación do servizo de proximidade así como continuar coas actuacións de actualización e modernización da rede ferroviaria interior galega

O deputado do BNG Néstor Rego, durante unha sesión plenaria no Congreso dos Deputados (Fernando Sánchez/Europa Press) O deputado do BNG Néstor Rego, durante unha sesión plenaria no Congreso dos Deputados (Fernando Sánchez/Europa Press)
G24.gal 17/09/2025 21:00

O Pleno do Congreso aprobou unha moción do BNG en que expón diversas medidas para instar o Goberno a mellorar o sistema ferroviario en Galicia.

O texto insta o Goberno a finalizar o estudo para a implantación do servizo de proximidade, así como continuar coas actuacións de actualización e modernización da rede ferroviaria interior galega, e a mellora da liña de ancho métrico entre Ferrol e Ribadeo.

Tamén demanda que o Goberno finalice o estudo para a conexión ferroviaria entre Lugo e Santiago, complete as obras do Corredor Atlántico de Mercadorías e impulse as autoestradas ferroviarias en Galicia e a intermodalidade estrada-ferrocarril.

Completar as obras do AVE

Outro dos puntos da iniciativa fai referencia a acabar as obras pendentes de execución do AVE, en particular a finalización da variante de Ourense e o desdobramento dos tramos de vía única.

Así mesmo, expón un aumento das frecuencias e prazas, ademais de revisar e adaptar os horarios, "asegurando a mobilidade da cidadá, especialmente no Eixo Atlántico e nas conexións con Ourense".

Tamén contempla que o Goberno se comprometa a recuperar todas as frecuencias ferroviarias suspendidas durante a pandemia en Galicia e a aplicar o Plan de Puntualidade "para mellorar a fiabilidade do servizo así como a información que se facilita ás persoas usuarias en caso de atraso ou avaría".

Propón aplicar a tarifa plana bonificada de proximidade naqueles tramos de media distancia en Galicia que por distancia ou tempo son equiparables "para evitar a discriminación que implica carecer aínda dese servizo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade