Publicador de contidos

Publicador de contidos

Neda exalta o seu produto gastronómico por excelencia: o pan

Neda exalta o seu produto gastronómico por excelencia: o pan

A Festa do Pan de Neda celébrase desde hai décadas e é festa de interese turístico de Galicia

G24.gal 07/09/2025 14:35 Última actualización 07/09/2025 15:07

Detrás da fama do pan de Neda hai bo facer, boas fariñas e unha auga única.

"A auga do río Belelle. Iso é primordial. E o río Bellele só pasa por aquí. Non pasa por Betanzos, nin por Madrid, pasa por Neda", subliña Mari Luz López, da Panificadora Germán.

Neda ten séculos de tradición panadeira. No reinado de Filipe II escolleuse a vila para asentar os fornos que abastecían as armadas que recalaban en Ferrol.

"O pan de Neda está riquísimo. Non hai outro coma o de Neda para min", asegura unha compradora.

"De trigo, trigo e sabe a trigo", puntualiza outra.

En Neda hai máis dunha decena de panaderías tradicionais en funcionamento.

"Por regra xeral os panadeiros están ata os 80 anos traballando, polo amor á profesión, polo bonita que é, porque foi unha gran tradición, maiormente aquí en Neda", afirma Evangelina Barros Soto, da panadería La Nueva.

Panadeiros e consumidores móstranse, porén, preocupados polo futuro do pan.

"Estase perdendo porque a xente maior se está xubilando e a xente nova non o quere facer", di unha consumidora.

"Os panadeiros traballan moito e a xente de hoxe en día non quere sacrificarse tanto", expón a panadeira Mari Luz López.

Todos coinciden, iso si, en que non se debe nin se pode perder o pan auténtico, o tradicional, como o de Neda.

"Sen el non podemos vivir. Pouco ou moito, témolo que comer que o corpo humano o necesita. É unha vitamina que non a ten ningún produto máis que o pan", asegura a panadeira Evangelina Barros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade