Os ovos virais das galiñas que promociona nas redes unha xogadora de fútbol sala de Verín
Ana Rivera fixo un vídeo para dar a coñecer a calidade dos ovos da explotación familiar e foi todo un éxito
O vídeo acumula xa máis de 50.00 visita na conta 'O Noso Poleiro' no Instagram
A moza de Verín é xogadora na División de Honra de Fútbol Sala Feminino e axuda coa venda ovos nas redes sociais e levando encargas
Unha xogadora da División de Honra de Fútbol Sala de Verín está a converter en famosos, o que agora se di virais nas redes sociais, os ovos das pitas da súa explotación familiar, na aldea de Vilamaior. Para dar a coñecer a calidade dos ovos do seu poleiro, Ana Rivera, fixo un vídeo e subiuno ao Instagram e xa leva máis de 5.000 visitas.
" Situados en Vilamaior, na comarca de Monterrei. E quen queira comprarnos ou un poliño ou uns oviños chama a miña mai... ".
Así comeza o vídeo que Ana Rivera gravou co seu irmán e colgou na páxina de Instagrama de' O noso Poleiro' e cogordo en man, o vídeo serviu para impulsar o negocio familiar.
Simplemente co seu móbil Ana e o seu irmán conseguiron de xeito natural e sinxelo ensinar nas redes o traballo que hai detrás de cada ducia de ovo. Mentres Encarna, a nai de Ana, leva o día a día da explotación de ovos e polos para a cría, ela que é xogadora na División de honra de fútbol sala axuda coa súa creatividade á venda dos ovos, 'Do Poleiro, á casa".