O Ourense C. F. remonta, pero deixa escapar o triunfo no derradeiro intre (2-2)
Andrada e Jerin conseguiron os goles do equipo ourensán
Ariel Herrero empatou no 85
Tivo a opción de manter o primeiro posto o Ourense Club de Fútbol, pero o Covadonga acabou empatando e quitoulles a posición de privilexio aos de Rubén Domínguez (2-2).
Os primeiros minutos dos ourensáns, xa sen o seu goleador Amin, foron moi bos, con Facu Ballardo e Manu Morgade ameazando con lanzamentos certeiros. Pero o que se adiantou foi o Covadonga grazas a un gol olímpico de Álex Menéndez.
No segundo tempo, o Ourense C. F. estivo moi atinado e conseguiu darlle a volta ao partido cos goles de Andrada e Jerín. Este último chegaba a quince minutos do final. O Covadonga botouse arriba con todo e Ariel Herrero sorprendeu a Marqueta poñendo o empate definitivo no 85.