Cándido Gómez ten a responsabilidade de lograr a salvación do Ourense C.F. nas dúas últimas xornadas
Cándido Gómez ten a responsabilidade de lograr a salvación do Ourense C.F. nas dúas últimas xornadas
Substitue a Dani Llacer no banco do primeiro equipo
Xunto a el chegará o exfutbolista Manu Rodríguez, quen xa formou parte do corpo técnico durante a etapa de Rubén Domínguez
Ourense CF
O Ourense CF anunciou este xoves de que Cándido Gómez é o adestrador elixido pola directiva presidida por Camilo Díaz para substituír a Dani Llacer no banco do seu primeiro equipo.
“Cándido é unha persoa da casa que coñece perfectamente a identidade e os valores do club. Cunha ampla experiencia nos bancos, afronta esta nova etapa con ilusión e compromiso”, destaca o club nun comunicado de presa.
Xunto a el chegará o exfutbolista Manu Rodríguez, quen xa formou parte do corpo técnico durante a etapa de Rubén Domínguez e defendeu a camiseta do club como xogador. A falta de dúas xornadas para o final do curso, o Ourense ocupa unha das prazas de descenso a Segunda Federación con 39 puntos, a dous do Cacereño, que marca a barreira da salvación. Os próximos encontros son contra Talavera, outro dos equipos inmersos na pelexa pola permanencia, e Tenerife.