O Ourense CF saca un traballado empate de Lezama (2-2) e sae do descenso
O cadro ourensán errou un penalti, e sufriu a remonta do Athletic B, pero rescata o empate por medio de Amín no engadido
O empate sérvelle para volver saír dos postos de descenso, onde caera por culpa dos outros resultados da xornada
Foto: @AthleticClub
No Ourense CF comezaron lamentando o erro de Jerín nun penalti co empate inicial. De todos os xeitos púxose ben o partido para o equipo galego co gol de César Moreno. O filial do Athlétic remontou na última xogada do primeiro tempo ... E na primeira acción do segundo. O dianteiro Beñat García estivo moi atinado para colocar o dous un.
O Ourense CF sabía o moito que se xogaba despois das vitorias de Talavera, Cacereño e Osasuna B cos que pelexa por evitar o descenso. No noventa Amin acertou a marcar cun remate cruzado. E no engadido o propio Amin estivo a piques de facer o gol dunha vitoria moi necesaria.
O Ourense CF está fóra do descenso, pero con só tres puntos de vantaxe sobre o penúltimo clasificado.