Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Ourense C. F. mantense na Segunda Federación

O Ourense C. F. mantense na Segunda Federación

Impúxose ao Beasain por 1-0 no partido de volta da eliminatoria do play out

G24.gal 27/05/2023 19:20

O Ourense C. F. xogará a vindeira temporada na Segunda Federación despois de resolver a eliminatoria de play out diante do Beasain. No partido de ida o resultado fora de empate (0-0) e na volta o cadro ourensán gañou por 1-0 cun autogol de Ximon Aranguren ao pouco de principiar a segunda metade. 

Saiu moi ben o equipo de Rubén Domínguez con ocasións de Tiago e de Amin para adiantarse antes do minuto vinte. Ata o descanso perdeu un pouco de folgos sen crear perigo sobre a porta do equipo vasco. 

Agardábase unha saída forte do cadro ourensán e o gol chegou aos 3 minutos da reanudación. Un córner botado por Manu Morgade que rematou Ximón Aranguren cara a súa propia portería.

A partir de aí o Ourense C. F. conseguiu controlar o partido e non sufriu malia que o Beasain buscou un fútbol máis directo. No engadido Palmás puido sentenciar nun man a man e o conxunto visitante tivo a súa gran oportunidade no 97 cun remate que marchou rozando o poste. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade