Publicador de contidos

Publicador de contidos

O oso de Salcedo, un rito primitivo único en Galicia que conservan na aldea da Pobra do Brollón

O oso de Salcedo, un rito primitivo único en Galicia que conservan na aldea da Pobra do Brollón

Ano tras ano, esta festa vai sumando cada vez máis visitantes, galegos e de fóra

O oso de Salcedo en pleno ataque para emporcar os asistentes á festa coas súas gadoupas
G24.gal 20/02/2023 21:42 Última actualización 20/02/2023 22:00

A orixe da saída do oso de Salcedo remóntase aos ritos primitivos, pérdese na profundidade dos tempos, sen cambio ningún na festa. Agás que desde hai uns anos, o luns de Entroido saen dous osos. Un pequeniño que sae media hora antes ca o grande cos seus propios criados e leva ben aprendida a lección. Non lle escapa ninguén. 

Para Noa Moreira, presidenta da asociación de veciños de Salcedo, o oso pequeniño é o futuro e a esperanza para que a festa local continúe.

"A orixe non se sabe, pero está claro que é unha tradición cun sentido moi primitivo. O oso grande para nos anunciar a primavera, as boas colleitas e, para as que queiran, a fertilidade".

Ás cinco en punto, séntense as campaíñas e irrompe na praza de Salcedo o oso grande cos seus criados. Non por agardados son menos sorprendentes e cazan literalmente a quen se deixa e a quen non para emporcalo ben, cara ou todo o corpo, cunha cinsa pegañenta.  Veciñanza e foráneos intentan escapar inutilmente: os criados non soltan a ninguén.

E cada ano teñen máis onde elixir porque a festa local, que era para os da aldea, ano tras ano gaña adeptos, galegos e de fóra.

Caras de felicidade e de satisfacción rodean as promesas de primavera que o oso trae cada Entroido a Salcedo. 

Un rito único en Galicia, fachendosamente conservado a través dos séculos polas xentes de Salcedo, que os irmanda con outros similares en Euskadi e no centro de Europa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade