Publicador de contidos

Publicador de contidos

A partir do 1 de xullo aumentan as horas de práctica en vías convencionais para o permiso A de moto

A partir do 1 de xullo aumentan as horas de práctica en vías convencionais para o permiso A de moto

O pasado ano morreron en accidente de tráfico mil cento cincuenta persoas. Trescentos deses falecidos ían en moto.

O permiso A para motos de calquera cilindrada aumentará as prácticas en estradas convencionais

G24.gal 12/05/2025 14:12

A partir do primeiro de xullo, cambian os requisitos para obter o que é o único permiso que deixa conducir calquera tipo de moto ou vehículo de dúas rodas, o chamado clase A. Entre as novidades, haberá máis horas de formación, coxín de seguridade obrigatorio nas prácticas e aumento das horas de condución en vías abertas. 

O curso que da acceso ao carné de tipo A, o único que habilita para levar motos de calquera cilindrada, antes do 1 de xullo, inclúe tres horas teóricas máis dúas horas de condución en circuíto pechado.

Pero, os que queiran o permiso A a partir do verán, terán que facer catro horas de circulación en vías abertas, polo menos dúas desas horas serán en estradas convencionais, que é onde se rexistran máis accidentes. Para tratar de evitalos, aumentan as prácticas no espazo real. 

O permiso de clase A implica ter xa o carné A2 de moto, con dous anos mínimo de antigüidade. Agora non é obrigado que o motorista leve chaleco airbag no curso, pero a partir do un de xullo, si será imprescindible. 

O pasado ano morreron en accidente de tráfico mil cento cincuenta persoas. Trescentos deses falecidos ían en moto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade