O órgano de goberno dos xuíces ábrelle expediente a Vázquez Taín
Acúsano de suposta incompatibilidade entre os seus negocios audiovisuais e o seu oficio de maxistrado

O Consello Xeral do Poder Xudicial abriu un expediente a José Antonio Vázquez Taín, instrutor da causa polo crime da nena Asunta Basterra e do caso do roubo do Códice Calixtino, por presunta incompatibilidade dos seus negocios audiovisuais co seu oficio de maxistrado.
Ao parecer, a súa participación nunha produtora xeraría unha incompatibilidade da que xa sería advertida polo órgano de goberno.
O castigo previsto para unha falta grave é unha multa de entre 501 e 6.000 euros, mentres que se é tachada de moi grave, esta pode implicar unha suspensión, traslado forzoso ou, mesmo, separación da xudicatura.
Á parte desa empresa de comercialización cinematográfica, Taín escribe novelas e é comentarista habitual de radios e televisións.