Cargando resultados...
Investigado o alcalde de Verín por un presunto delito de prevaricación administrativa
O xulgado instrúe unhas dilixencias contra Gerardo Seoane, que xa foi chamado a declarar
O caso está relacionado cun expediente sancionador que o rexedor tería deixado caducar

G24.gal
05/08/2025 16:01
Última actualización 05/08/2025 16:08
O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Verín investiga o alcalde do municipio, Gerardo Seoane Fidalgo (PSOE), acusado dun delito de prevaricación administrativa.
O rexedor xa compareceu para declarar. A causa continúa en fase de instrución.
A investigación xorde dun expediente sancionador iniciado por dous axentes da Policía Local contra un veciño, acusado de desobedecer, faltar ao respecto e negarse a identificarse.
Seoane, supostamente, permitiu que o expediente caducase sen tramitalo.