Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro ten outra final na casa do Zaragoza

O Obradoiro ten outra final na casa do Zaragoza

Moncho Fernández: "Entendo o concepto, é lóxico. Non falo de final porque despois aínda quedan partidos"

Foto @OBRADOIROCAB
G24.gal 12/04/2022 12:58

O Obradoiro ten outra final na casa do Zaragoza. Os de Moncho Fernández perderon esta temporada 12 de 13 partidos a domicilio. Para o técnico santiagués, non se trata dunha final: 

"Entendo o concepto, é lóxico. Non falo de final porque despois aínda quedan partidos"

"Son datos obxectivos, pero hai que ver como perdemos varios partidos"

Sobre o rival desta fin de semana, Moncho Fernández falou positivamente:

“Os resultados son os que son. Pero co Zaragoza que quedo é co que foi máis de 30 minutos por diante no marcador en Sevilla. Non conseguiron gañar, pero iso non quere dicir que sexan un equipo que non teña opcións de vitoria porque van seguir pelexando cada partido como todos. É un equipo que ten moitísimo potencial. Os nacionais, os estranxeiros e as novas incorporacións son xogadores cunha experiencia e calidade tremenda. E iso é o que fai aos equipos”.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade