Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro xogará a final do Torneo EncestaRías

O Obradoiro xogará a final do Torneo EncestaRías

Derrotou o Oldenburg de Alemaña por 83-70

G24.gal 10/09/2022 08:44

O primeiro amigable do Obradoiro rematou con triunfo diante do Oldenburg de Alemaña (83-70). Foi na semifinal do Torneo EncestaRías que se disputa en Vilagarcía. 

O partido serviu para que os xogadores fosen collendo ritmo de competición despois dos primeiros días de duro adestramento. O Obradoiro demostrou ter máis potencial que o seu rival e foi por diante durante todo o partido. Ao descanso o resultado era un apertado 40-37 e o encontro non acabou de definirse ata o inicio do último cuarto no que os de Moncho Fernández comezaron a marcar diferenzas por riba dos dez puntos.

Destacou a liña exterior do equipo santiagués cun vello coñecido, Phil Scrubb, como máximo anotador (13 puntos e 3 triplas) ben secundado polos novos Marcus Paige (12 puntos, 4 triplas) e David Walker (11 puntos, 2 triplas).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar