Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro volve competir, contra o Bilbao, case un mes despois

O Obradoiro volve competir, contra o Bilbao, case un mes despois

G24.gal 15/01/2022 14:39

Esta foi a última vez que o Obradoiro saltou a unha cancha e foi o 18 de decembro. Daquela andaba mermado pola Covid, pero un esforzo titánico, encabezado por Scrubb e Ellenson, serviulle pra derrotar a Burgos. Case un mes despois, esta tarde, volve á acción. Motivo de alegría...

Motivo de ilusión. O Obra acode con tódolos xogadores a disposición de Moncho, cousa que é como pra apraudir... Pero tamén chega coa peaxe da falta de ritmo tras un parón tan amplo.

O rendemento de Obradoiro é unha incógnita. Mais tamén o de Bilbao. Os de Mumbrú veñen asediados pola Covid e por unha intoxicación intestinal, pero ao tempo co cartel de equipo en forma. Tres triunfos nas catro últimas tiradas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade