Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro reacciona demasiado tarde en Granada (77-74)

O Obradoiro reacciona demasiado tarde en Granada (77-74)

O equipo local tivo unha máxima de 14 puntos no terceiro cuarto

O Obradoiro entrou nos últimos tres minutos con opcións, pero o bo traballo de Thomasson impediu culminar a remonta

G24.gal 14/01/2024 14:36

O Obradoiro perdeu en Granada por 77-74 nun partido que aperta a zona baixa da clasificación. Os granadinos igualan cos santiagueses con seis vitorias, só unha por riba dos postos de descenso á Liga Leb. 

O partido estivo marcado por un parcial de 16-0 a prol dos locais. Dominaba o Obradoiro no primeiro cuarto (13-18) pero unha desconexión total dos de Moncho Fernández que durou máis de seis minutos permitiulle aos locais marchar e manter a vantaxe arredor dos dez puntos (42-34 ao descanso). 

No terceiro cuarto a distancia aumentou ata os 14 puntos (62-48) grazas ao gran traballo ofensivo de Thomasson (10 puntos no cuarto, 22 en total). O Obradoiro tivo capacidade de reacción no último cuarto e entrou no momento decisivo preto do Granada (65-61 no minuto 37). Conseguiu poñerse a tres puntos pero unha antideportiva e o acerto de Thomasson deulles aire aos locais. 

Unha xogada de cinco puntos (dous tiros libres e unha tripla) devolveu a emoción ao encontro (76-74), pero foi demasiado tarde e o triunfo quedou na casa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade