Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro proclámase vencedor do VII Trofeo EncestaRías logo de derrotar o Betis

O Obradoiro proclámase vencedor do VII Trofeo EncestaRías logo de derrotar o Betis

Foto: @OBRADOIROCAB
G24.gal 10/09/2022 23:16

O Obradoiro culminou con éxito a súa presenza no Torneo EncestaRías de Vilagarcía. Os de Moncho Fernández derrotaron ao Betis na final por un resultado de 85 a 78.

Logo dun primeiro cuarto que rematou con vantaxe de oito puntos, o Betis reaccionou, e despois do descanso (33-31) mesmo conseguía colocarse por diante no marcador. Chegou entón unha nova reacción dos santiagueses, que remataban o terceiro cuarto seis puntos arriba (59-53). No cuarto definitivo aumentaron esa renda por riba dos dez puntos, o que lles permitiu rematar sen excesivo sufrimento. 

O base francés Leo Westermann (22 puntos) foi o mellor xogador da final.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade