Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro presenta a Dragan Bender, a súa fichaxe estrela

O Obradoiro presenta a Dragan Bender, a súa fichaxe estrela

Leva un ano sen xogar por unha rotura no xeonllo do ligamento cruzado anterior

G24.gal 01/09/2022 14:10 Última actualización 01/09/2022 14:15

O pivote croata Dragan Bender, de 24 anos e 2,13 de altura, disputou 34 partidos de Euroliga co Maccabi Tel Aviv na tempada 2020-21 e mediou 6,6 puntos e 3,8 rebotes en 19 minutos de xogo. En competición nacional, gañou os títulos da liga e da copa de Israel, pero a súa carreira sufriu un duro golpe cando rompeu o ligamento cruzado anterior no inicio dos play-offs. En 2016, Bender foi seleccionado co número 4 do draft polos Phoenix Suns.

Considerado un dos mellores talentos internacionais da historia do seu pais, non logrou consolidarse na NBA, no medio tamén de problemas de lesións e unha operación de nocello en 2017.

Bender xogou por última vez na NBA en 2019, cando se uniu aos Golden State Warriors para rexistrar os máximos da súa carreira: 9,0 puntos, 5,9 rebotes e 2,1 asistencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade