O Obradoiro perde fronte ao Bilbao (91-96) nun igualado partido
Os santiagueses volveron competir case un mes despois e tiveron opcións de vitoria diante dun rival directo ata os últimos segundos
O Obradoiro quedou sen a vitoria no Sar diante do Bilbao Basket nun partido en que tivo case sempre o marcador en contra.
No primeiro tempo chegou a perder por 12 e tivo que igualar o partido varias veces diante dun rival moi sólido. Tres tiros libres de Ellenson, déronlle aos de Moncho Fernández unha única vantaxe contra o final, pero careceu de acerto nos últimos instantes.
O Bilbao asegurou a vitoria desde os tiros libres, nun partido de marcado carácter ofensivo.
Robertson, con 25 puntos, foi o máximo anotador dos galegos, que quedan con só cinco vitorias na parte baixa da clasificación.
Scrubb, con 11 puntos, 11 rebotes e 7 asistencias, foi o xogador máis valorado no Obradoiro