O Obradoiro e o Breogán queren facerse fortes na casa para saír do perigo
O equipo santiagués recibe o Tenerife no Pavillón do Sar (sábado 18:00)
A quenda do Breogán será o domingo diante do Xirona (12:30 horas)
Nunha situación clasificatoria moi comprometida atópanse o Obradoiro e o Breogán para afrontar esta xornada 19 da ACB. O equipo lugués, metido nos postos de descenso. O santiagués, só unha vitoria por riba da queima. Ámbolos dous xogan na casa e teñen que tirar dese factor para sumar unhas vitorias moi necesarias.
O Lenovo Tenerife será o que visite o Sar (sábado, 18:00). Un rival poderoso pero irregular que leva 9 triunfos e 9 derrotas.
A quenda do Breogán será o domingo e o seu rival será o Xirona. Adversario directo na pelexa pola salvación que ten dúas vitorias máis que o equipo de Mrsic. Gañando, apertará moito a zona baixa pero no caso de perder verá como se lle afasta outro equipo.