O obradoiro de gaitas Seivane presenta o seu último invento: o bordófono
"Para estes músicos tan talentosos que a veces co mesmo punteiro teñen que levar un montón de roncos para poder cambiar de tonalidade, quixemos que estivera todo dentro da mesma gaita"
A innovación é selo de identidade do obradoiro de gaitas dos Seivane. O seu novo invento é o bordófono.
Quen experimenta con el, na mesa de son, é o musicólogo Andrés Rodriguez.
El foi quen acudiu ao obradoiro dos Seivane.
Todo partiu dun estudo sonoro do proceso de construción dunha gaita.
E mudou cando o musicólogo coñeceu esta gaita multibordóns, creada en 2019 polos Seivane para conmemorar os seus 80 anos de historia.
Esta foi a inspiración que deu pé ao bordófono.
"Para estes músicos tan talentosos que a veces co mesmo punteiro teñen que levar un montón de roncos para poder cambiar de tonalidade, quixemos que estivera todo dentro da mesma gaita", explica Álvaro Seivane, xerente do Obradoiro de Gaitas Seivane.
Aínda en fase de experimentación confían en que o bordófono sirva de motivación a futuros músicos.
"Cando nace algo ao mellor iso en si non, pero igual iso abre luces para poder inspirarse nel", expresa con emoción Álvaro Seivane.
De entrada o bordófono xa viaxou estes días ata o Festival de Nova Creación Sonora de Barcelona.